Un equipo de guionistas -tres mulleres e dous homes- recibe a encarga de escribir os guións dunha futura serie de televisión que se titulará As fronteiras do medo. Para concentrarse no traballo, acordan recluírse nun hostal solitario, nas terras da Fonsagrada. É inverno, no hostal só viven o matrimonio que o rexenta e mais outros tres hóspedes. Ao terceiro día, comeza a nevar. Unha tormenta que semella non rematar nunca, que interrompe as comunicacións e o fluído eléctrico, e que os deixa illados do mundo. Mentres traballan nas historias da serie irán descubrindo que naquel hostal ninguén é quen aparenta ser e que un medo irrefreable comeza a filtrarse nas súas vidas. A neve interminable é unha novela onde o misterio ocupa un lugar central. Nela explóranse os medos esenciais do ser humano e tamén aqueloutros orixinados pola desorde mundial deste século XXI. Un libro esencial na obra de Agustín Fernández Paz que vinte anos despois dialoga con Cartas de inverno.
Precio: | 12,30€ |
Hay existencias
EAN: | 9788499148380 |
Ficha técnica
EDITORIAL:
Edicións Xerais
COLECCIÓN:
Infantil E Xuvenil – Fóra De Xogo
ENCUADERNACIÓN:
Tapa blanda o Bolsillo
PAÍS DE PUBLICACIÓN :
España
IDIOMA DE PUBLICACIÓN :
Gallego
ISBN:
978-84-9914-838-0
EAN:
9788499148380
DIMENSIONES:
210 x 130 mm.
PESO:
202 gramos
Nº PÁGINAS:
200
FECHA PUBLICACIÓN :
16-04-2015
Review A neve interminable Fernández Paz, Agustín.