En ”Agosto do 36”, Xosé Fernández Ferreiro aborda, con todo o dramatismo que comporta, o tema da guerra civil en Galicia, relatando, a partir dun feito real, o «paseo» do que foi víctima unha parella de mestres rurais nunha aldea da serra de Ourense nos primeiros días do alzamento militar. Coa súa mestría de magnífico narrador, Xosé Fernández Ferreiro conduce con gran axilidade o lector pola trama da novela, e mergúllao nunha atmosfera abafante, de crueza e tensión, na que as paixóns das persoas, con todas as súas vilezas, saen a flote nun contexto en que amor e odio se tocan. A trama váisenos desvelando a partir da concepción polifónica da estructura, que dosifica a intriga e participa desa concepción tan cinematográfica.da narrativa de Ferreiro. ”Agosto do 36” é unha pequena xoia que continúa vixente e vivísima tanto tempo despois da súa publicación.
Precio: | 17,30€ |
Hay existencias
EAN: | 9788483027820 |
Ficha técnica
EDITORIAL:
Edicións Xerais
COLECCIÓN:
Edición Literaria – Narrativa
ENCUADERNACIÓN:
Tapa blanda o Bolsillo
PAÍS DE PUBLICACIÓN :
España
IDIOMA DE PUBLICACIÓN :
Gallego
ISBN:
978-84-8302-782-0
EAN:
9788483027820
DIMENSIONES:
220 x 145 mm.
PESO:
257 gramos
Nº PÁGINAS:
160
FECHA PUBLICACIÓN :
20-03-2002
Review Agosto do 36 Fernández Ferreiro, Xosé.