Bos Aires, 1948. Castelao acaba de pronunciar o discurso “Alba de groria” nun momento en que xa sabe que ten a doenza do cancro. É entón cando aparece na cidade arxentina un sicario do goberno franquista coa encarga de matar a Castelao. De súpeto, por un motivo inesperado, o pasado volve con forza á memoria do galeguista trasladándoo a un verán que vivirá na Illa de Ons. A presenza do sicario, personaxe abxecto, responsable de “paseos” e asasinatos tras o estoupido da Guerra Civil e membro da policía secreta de Franco, leva a Castelao a ese verán que, cando era novo, pasara na illa reflexionando e pintando, enfrontándose ao feito de que non desexaba practicar a medicina. A medio camiño entre a ficción e a realidade histórica, “As illas dos deuses” é unha apaixonante novela de intriga construída a partir da reinvención da nosa historia e da vida dunha das figuras máis míticas da cultura galega.
Precio: | 21,35€ |
Hay existencias
EAN: | 9788491217008 |
Ficha técnica
EDITORIAL:
Edicións Xerais
COLECCIÓN:
Narrativa
ENCUADERNACIÓN:
Tapa blanda o Bolsillo
PAÍS DE PUBLICACIÓN :
España
IDIOMA DE PUBLICACIÓN :
Gallego
IDIOMA ORIGINAL :
Español
ISBN:
978-84-9121-700-8
EAN:
9788491217008
DIMENSIONES:
225 x 155 mm.
PESO:
496 gramos
Nº PÁGINAS:
368
FECHA PUBLICACIÓN :
28-01-2021
Review As illas dos deuses (Parcero, Serafín).