Comezar desde cero Merelas Iglesias, Tania

As violencias machistas son un eixo que vertebra ás sociedades patriarcais nas que vivimos. A humillación, a dor, a submisión, o auto-abandono, a inseguridade persoal, é dicir? o medo, son accións que, exercidas sobre as mulleres, conseguen reproducir unha orde xerárquica androcéntrica e patriarcal. Este é un libro coral no que a autora é quen de atopar un pulso narrativo que se sitúa entre o ensaio e o informe de investigación. Desde unha sólida estrutura teórica, e con intelixencia analítica, aborda un tema complexo e formula preguntas incómodas que nos alonxan da zona de confort para adentrarnos noutras olladas das violencias machistas. Esta obra quere (e consígueo) considerar ás mulleres coma persoas fortes, con capacidade individual e colectiva para superar unha situación de tortura e terror que marcará as súas vidas para sempre. Esta realidade deberá ser considerada como unha enorme fortaleza para as mulleres xa que se sitúa ao agresor como perdedor ao non conseguir o seu obxectivo: a escravitude física e emocional das súas parellas.

Precio: 20,00
Haga clic para agregar este artículo al carrito.
EAN: 9788416456697

Ficha técnica

EDITORIAL:
Edicións Embora
COLECCIÓN:
Feminismo ou barbarie
ENCUADERNACIÓN:
Tapa blanda o Bolsillo
PAÍS DE PUBLICACIÓN :
España
IDIOMA DE PUBLICACIÓN :
Gallego
ISBN:
978-84-16456-69-7
EAN:
9788416456697
DIMENSIONES:
210 x 150 mm.
Nº PÁGINAS:
208
FECHA PUBLICACIÓN :
29-11-2017

Reviews

Review Comezar desde cero Merelas Iglesias, Tania.

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

volver a la lista