No inverno de 1803 partiu de Galicia a Real Expedición Filantrópica da Vacina coa misión de acabar co azoute da varíola nas colonias españolas de América e as illas Filipinas. Vinte e un nenos recollidos nas casas de expósitos portaron nos seus propios corpos o fluído curativo. Novo Mundo conta a vida de Isabel Zendal, a enfermeira daquela expedición. Unha muller nada nunha humilde familia de labregos e obrigada a criar o seu fillo en solitario que acabou por se converter no elo imprescindible dunha xesta que supuxo un punto de inflexión na historia da medicina, dunha viaxe que mudou o mundo tal e como se coñecía ata entón.
Precio: | 16,00€ |
Ficha técnica
- EDITORIAL:
- Editorial Bululú
- ILUSTRADOR:
- Ramón, El primo
- TRADUCTOR:
- Zaera Landeira, Maruxa
- ENCUADERNACIÓN:
- Cartoné
- PAÍS DE PUBLICACIÓN :
- España
- IDIOMA DE PUBLICACIÓN :
- Gallego
- IDIOMA ORIGINAL :
- Español
- ISBN:
- 978-84-949549-1-7
- EAN:
- 9788494954917
- DIMENSIONES:
- 260 x 184 mm.
- PESO:
- 350 gramos
- Nº PÁGINAS:
- 56
- FECHA PUBLICACIÓN :
- 15-11-2018
Review Novo Mundo. Isabel Zendal na Expedición da Vacina (Ramón, El primo).