Este ensaio pretende recoller a potencia subversiva da teoría queer para a aplicar ás nosas categorías lingüísticas contemporáneas. Aínda que tende a identificarse como unha reivindicación da homosexualidade, queer transcende calquera intento de redución. Queer obríganos tamén a reflexionar sobre os usos lingüísticos actuais nun momento en que as academias e os poderes máis conservadores se reafirman no masculino xenérico que o feminismo sempre rexeitou. Porque non é certo que a opresión sexista estea na sociedade e non nas linguas. En principio, queer trátase dunha teoría e dun activismo político que racha co binarismo: a realidade é complexa de máis como para dármola reducido a ser-A ou ser-non-A, a ser home ou muller, de xeito que se converte nunha reivindicación dos múltiplos espazos intermedios entre dúas categorías estereotipadas. Se resulta difícil ou imposíbel definir que é unha muller, ese nós común partillado por todas as mulleres, segundo as teorías feministas clásicas, debilítase. Nese punto entra a análise de Queer-emos un mundo novo. Ao se aplicar á literatura galega, a teoría queer tamén permite interpretar unha tradición literaria contra-poder, feita nunha nación sen estado, rica e poliédrica, que introduce en cada período histórico innovacións sorprendentes e que só poden valorarse axeitadamente como sintomáticas deses espazos de disidencia.
Precio: | 13,50€ |
Hay existencias
EAN: | 9788498654356 |
Ficha técnica
EDITORIAL:
Editorial Galaxia
COLECCIÓN:
Ensaio
ENCUADERNACIÓN:
Tapa blanda o Bolsillo
PAÍS DE PUBLICACIÓN :
España
IDIOMA DE PUBLICACIÓN :
Gallego
ISBN:
978-84-9865-435-6
EAN:
9788498654356
DIMENSIONES:
135 x 210 mm.
Nº PÁGINAS:
132
FECHA PUBLICACIÓN :
02-05-2012
Review Queer-emos un mundo novo. (XI Premio Ramón Piñeiro 2011).