Seique (Susana Sanches Arins)

«Seique», ou «seica», é un adverbio que incorpora unha carga semántica de dúbida arredor do que se di, malia que existan probabilidades de que sexa certo. Nalgún dicionario do XIX definíase como unha voz admirativa empregada cun sentido irónico, algo que nestas páxinas agroma se cadra como relanzo diante dun texto que navega, silandeiramente, entre vagas de infamias, perversidade ou violencia.

Non hai título máis acaído para esta proposta: Seique é un libro que atravesa incertezas, que chega a asedialas, onde unha voz narrativa engaiolante, fundida á mantenta coa autorial, sabe facelas nosas. Aos poucos pisamos un sobrado común, que se alicerza con supostas inseguridades ao abeiro dunha historia familiar, transmitida por mulleres e sufrida maioritariamente por mulleres, procurando razóns que expliquen o inexplicable. En moitas ocasións aquela voz é a que se interroga a si mesma sobre a natureza e sentido deste libro, mesmo transmite os propios pudores para, ao final, desvelar o humus ao que se lle outorga forma literaria, isto é, a descuberta e evidencia manifesta dos actos dun ser abxecto, represor e brutal: ese «tío Manuel» que formaba parte da estirpe familiar.

A autora opta, para reconstruír o pasado, por unha estrutura secuencial na que se apropia de fragmentos de todo tipo: diálogos ou conversas, relatos curtos, poemas, contos, anacos de coplas populares, refráns ou sentenzas…, incorpora se é preciso recursos de filiación ensaística ou dramática ou rescata datos tirados das hemerotecas ou arquivos aínda que, sobre todo, apela á memoria, se se quer á desmemoria, esa que se desempoa para loitar contra o esquecemento.

Esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 13 de novembro de 2015, baixo o título de “Entre a memoria e a desmemoria”.

Precio: 14,00
EAN: 9788416545360

Ficha técnica

EDITORIAL:

A traves editoria

COLECCIÓN:

Atraves das ideias

ENCUADERNACIÓN:

No definida.

PAÍS DE PUBLICACIÓN :

España

IDIOMA DE PUBLICACIÓN :

Gallego

IDIOMA ORIGINAL :

Español

ISBN:

978-84-16545-36-0

EAN:

9788416545360

Nº PÁGINAS:

221

FECHA PUBLICACIÓN :

01-10-2019

Reviews

Review Seique (Susana Sanches Arins).

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

volver a la lista