O que non se di é coma se non existise, afirmara o avó un día, e xa ía sendo hora de existir. Ata ese momento só vivira de portas para dentro. Agora xa non había marcha atrás. A cámara pedíalle que falase.”Son Álex, un mozo transexual. Abro este vlog para compartir con vós a miña vida. Quen me coñeza e estea a ver este vídeo entenderá moitas cousas, ou mesmo non comprenderá -ou non quererá comprender- nada. O distinto asusta, dá vertixe porque obriga a cuestionarse tantas cousas… E por iso fago este vídeo, porque non quero ter máis medo, nin vergoña de ser quen son.”Antes de que lle dese tempo a pensar, conectou a cámara co ordenador. Vinte e dous segundos. Ese foi o tempo que tardou o arquivo en subir á rede. “22 segundos” relata, en primeira persoa, anacos da infancia e adolescencia dun mozo transexual que, desde os primeiros anos sabe -sen poñerlle etiquetas- que a súa identidade de xénero non coincide co sexo que lle asignaron ao nacer. Unha obra que busca visibilizar, desde a empatía, un colectivo de persoas historicamente silenciadas e denigradas que loita por que as leis -e a sociedade- deixen de consideralas enfermas.
Precio: | 12,30€ |
Hay existencias
EAN: | 9788491212393 |
Ficha técnica
MEJUTO, EVA
EDITORIAL
Edicións Xerais
MATERIA
Edad de interés: a partir de 14 años | Cuestiones personales y sociales: sexualidad y relaciones interpersonales (infantil/juvenil) | Cuestiones personales y sociales: educación sexual y los hechos de la vida (infantil/juvenil) | Ficción general (infantil/juvenil)
COLECCIÓN
Infantil E Xuvenil – Fóra De Xogo
ENCUADERNACIÓN
Tapa blanda o Bolsillo
Nº PÁGINAS
136
ISBN
978-84-9121-239-3
EAN
9788491212393
DIMENSIONES
210 x 130 mm.
PESO
144
FECHA PUBLICACIÓN
15-06-2017
PRECIO
12.30€ (11.83€ sin IVA)
Review 22 SEGUNDOS.